Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

TDT equivale a NDN na Guarda

Sábado 10 de Enero de 2009

tdt.gifNDN por Nada De Nada, porque o concello da Guarda ven de publicar unha nota informativa sobre a TDT dicindo “nada”.

Primeiro, que somos o cu da península xa o tiñamos claro, porque somos o sitio onde chega por último calquera novidade. Xa nos pasou coas canles non TDT e non iamos ser menos coa TDT. Será cousa xeográfica, pero ten outras cousas positivas ser o refuxo do sol.

Segundo, que haxa canais como La Sexta que dan partidos en exclusiva como o Barsa-Madrid ou o campionato do mundo de Baloncesto ou a Fórmula 1 e outras en aberto é moi boa cousa para todos, pero é nunha canle que só emite por TDT (ben, agora chegaron a un acordo para dar por Pigital+, pero non moitos estamos para gastar en pipas). ¿Non se pode chegar a un acordo de emitir nunha emisora local esta canle como o fan en moitas poblacións? Ou mellor ainda, ¿non será cuestión de adiantar cartos para instalar un módulo amplificador para as frecuencias da TDT?

Terceiro, sinto dicir que é unha mentira moi barata ou unha desinformación total por parte dos responsables do comunicado, porque non hai ningunha causa técnica de interferencias con Portugal, xa que van ir, ou van ir de tódolos xeitos, na mesma frecuencia que xa se dispuxo para toda a provincia nos comenzos das emisións (mírese http://www.tdt1.com por se queren ir poñéndoas). E se queren facer pantalla para non interferirlles ós portugueses se lle pon unha visera na antena emisora e listo. ¿Pero protestaron os de Valença polas frecuencias radiadas en Tui? Xa se colaron nun anterior comunidado os do concello dicindo que facía falta unha “antena específica para o sinal dixital” (léase en http://www.aguarda.com/000550.html ).

O mellor da nova e que nos venden que “empezaría a emitir, como moi axiña, en agosto do 2009”. ¡Como moi axiña! Pero o de sempre, como as eleccións autonómicas veñen cedo, igual hai premio para os que voten. En fin, máis semella un comunicado de vapor-nova que un comunicado con datos certeiros que nos diga que “si veremos a Fernando Alonso en directo na TV”…

Redactado por caligari el Sábado 10 de Enero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.