Actividades de inmersión lingüística verán 2009
Lunes 12 de Enero de 2009
As OMIX da Guarda, O Rosal e Tomiño informan da apertura do prazo para solicitar as seguintes axudas:
ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA NO VERÁN 2009
A Consellería de Educación ven de convocar 2650 axudas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009 desde a última semana de xuño ata o 31 de agosto. As axudas van dirixidas ao alumnado de centros de ensino sostidos con fondos públicos e que estén cursando: 6º de primaria; 2º, 3º, 4º da educación secundaria obrigatoria e 1º e 2º de bacharelato.
As estadías poder ser entre dúas e tres semanas en familias, campamentos ou residencias e os destinos son: Reino Unido, Irlanda, Francia, Canadá ou campamento en Galicia, dependendo sempre do curso do solicitante.
As becas cubrirían os gastos de: viaxe, monitores/as que acompañarán o alumnado durante a actividade, os gastos de docencia (incluíndo material escolar e libros), as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, certificación de realización da actividade e seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Para máis información pasa pola OMIX do teu concello
Redactado por Fernando Coello el
Lunes 12 de Enero de 2009