Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Luns comeza a emisión da TDT na Guarda

Sábado 24 de Enero de 2009

tdt.gifO Concello da Guarda comunica que, según informacións facilitadas por Abertis Telecom, o próximo luns día 26 completarase a emisión da TDT para os concellos da Guarda e do Rosal.

Nota do Alcalde:

“O comenzo da emisión dixital das televisións privadas logrouse despois de meses de xestións. As primeiras conversas mantivémolas coa Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual que posibilitou os contactos coa empresa encargada do despregue da TDT a nivel nacional, Abertis Telecom, para lograr unha pronta implantación da Televisión Dixital na Guarda.

A previsión inicial de instalación da TDT no monte Trega contemplabase na última fase. Froito dos esforzos feitos por tódalas partes (Dirección Xeral, Abertis e Concello) os prazos acurtáronse ostensiblemente e a emisión será posible o vindeiro luns.

Dende o Concello tiñamos claro que debíamos lograr a máis pronta implantación da TDT. En primeiro lugar, por unha cuestión de responsabilidade de goberno, e en segundo lugar, porque na Guarda dábase unha circunstancia agravante, non recibimos a Sexta en emisión analóxica.”

Redactado por Fernando Coello el Sábado 24 de Enero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.