San Xerome, a outra cara do conflito
Martes 3 de Febrero de 2009
Nas últimas semanas estanse a verter informacións e opinións en torno a un conflicto laboral (“Conflicto Colectivo” , según a central sindical CIG) no Centro San Xerome. Aínda que sexa de xeito resumido convén facer algunhas aclaracións ó respecto por parte de traballadores/as do citado Centro, que non nos sentimos para nada identificados con esta campaña:
1.- A Dirección do Centro (Xerencia e Dirección Técnica), elexida entre os seus traballadores/as e ratificada pola Xunta Directiva, está formada por 2 traballadores que asumen voluntariamente esta tarefa encabezando un proxecto ilusionante . No camiño para a consecución dos obxectivos téñense encontrado con multitude de dificultades para a subsistencia, pelexando en todo momento polo futuro do Centro, dos usuarios e as súas familias, e dos seus traballadores/as.
Debemos, polo tanto, partir da base de que se trata de 2 traballadores máis, e que a súa opinión debe ser tan respetable, polo menos, como a do resto de traballadores, feito que se ten negado nas Asambleas da CIG.
2.- A defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras, é un principio democrático básico, polo que entendemos perfectamente que cando os canles de comunicación e diálogo non funcionan correctamente, ou existen dous puntos de vista diferentes na interpretación dos dereitos laborais, se recurra a xustiza, para que dictamine en torno a cuestións confusas nun Convenio Colectivo desastroso (no que por certo non nos implicamos na súa mellora senon que escurrimos o bulto delegando nas Centrais Sindicais).
Non entendemos sen embargo, que por un lado se nos solicite diálogo e negociación, e o mesmo tempo se faga unha campaña de prensa e recollida de firmas desprestixiando a labor da Xunta Directiva e da Dirección, e polo tanto perxudicando gravemente o futuro da entidade: ou sexa a consecución dos obxectivos marcados entre todos e o mantemento dos diferentes servizos do Centro.
Entendemos menos aínda que nesta Campaña se utilice de xeito demagóxico a tódolos traballadores/as do Centro, cando un grupo importante deles (e non falamos da Dirección) non asumen os criterios nin os métodos empregados pola CIG neste conflicto.
3.- Unha proba máis desta manipulación informativa é que non existe o mesmo criterio entre os dous delegados da mesma Central sindical , xa que nestes días unha das representantes dos traballadores/as da Central sindical CIG, marxinada na toma de decisións, presentou a sua dimisión por non compartir as directrices marcadas dende o Sindicato. Nestes momentos, polo tanto, tan só un dos representantes sindicais da CIG segue adiante coa demanda a Asociación, xunto con 8 traballadores/as máis.
4.- Non estamos no mellor momento, pero seguimos sendo igual de insistentes nos nosos obxectivos, perseverantes na nosa loita e optimistas, facendo unha lectura positiva deste conflicto do que pensamos vai servir para seguir mellorando na calidade de atención dos nosos usuarios e as súas familias, que realmente é o que nos ocupa e preocupa.
A Guarda, 2 de febrero de 2009
Dirección e un grupo de traballadores/as do Centro
Redactado por Fernando Coello el
Martes 3 de Febrero de 2009