'ábaco' busca candidatos para a súa nova Xunta Directiva
Miércoles 18 de Febrero de 2009
O pasado Luns día 16 de Febreiro celebrouse nas Oficinas da Asociación ‘ábaco’ a Asamblea Xeral Ordinaria na cal se trataron os seguintes puntos do día: Lectura e Aprobación da Acta anterior con fecha de 29 de Septembro de 2008, Estado de Contas, Informe de Actividades realizadas e a realizar, Axudas para o Comercio: Información das Axudas do Plan Avanza (Financiación ICO) e da Deputación de Pontevedra (Plan DIPO 2009-2012), Cese do Presidente e da Xunta Directiva en cumplimento dos estatutos, Elección do novo Presidente/a, Rogos e Preguntas.
No punto da elección do novo presidente e a súa Xunta Directiva, non se presentaron candidaturas, polo cal a Xunta Directiva en funcións, fai un chamamento a tódolos socios da asociación para que se involucren máis no propio funcionamento da asociación, xa que a asociación é de todos, e é necesario que os propios asociados participen na mesma e a Xunta Directiva se renove en cada Asamblea. Polo tanto queda vacante o cargo de Presidente e a súa Xunta Directiva ata que se presenten candidaturas nas Oficinas de ‘ábaco en horario de 9 a 1 e de 4 a 7 de Luns a Venres.
Dende a Xunta Directiva en funcións anímase a tódolos socios a que se poñan en contacto ca asociación e informarse chamando ó 986 61 0887 para, deste xeito, formar parte da nova Xunta Directiva e presentar as súas candidaturas para velar polo correcto funcionamento da asociación.
Redactado por Fernando Coello el
Miércoles 18 de Febrero de 2009