Exposición "Fortalezas do Baixo Miño"

Miércoles 18 de Febrero de 2009

A Concellería de Patrimonio, en colaboración co proxecto “CADIVAFOR: Catalogación, Divulgación e Valorización das Fortalezas Fronteirizas entre Galicia e o Norte de Portugal” está a organizar unha exposición que baixo o título “Fortalezas do Baixo Miño” estará aberta ao público dende o 14 ata o 23 de febreiro na Sala de Exposicións do Centro Cultural.

Esta mostra é un traballo patrocinado pola Unión Europea que segue criterios de catalogación establecidos pola Unesco, a través do seu organismo asesor Centro Internacional de Estudios de Fortificaciones y Apoyo Logístico (CIEFAL), responsable do proxecto e pretende a valoración do patrimonio cultural construído existente, contando cunha clara orixe na común identidade histórica e cultural local das marxes españolas e portuguesas do río Miño.

A Exposición inclúe: 15 paneis explicativos do proxecto, 1 doble proxector con visión 3D estereoscópica, 2 PCS para acceder á base de datos e ao contido dun DVD interactivo que inclúe simulacións inmersivas, modelo CAD 3D, planos e fotografías actuais e históricas das fortificacións obxecto do estudio.

O Concello da Guarda pretende con esta exposición, fomentar o interese polo patrimonio e dar a coñecer unha das fortalezas que aparecen na mostra: o noso Castelo de Santa Cruz, actualmente en obras e futuro Centro de Interpretación das Fortalezas Fronteirizas.

Redactado por Fernando Coello el Miércoles 18 de Febrero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.