Subvencións a asociacións xuvenís
Viernes 20 de Febrero de 2009
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude.
Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación xuvenil ou federación de asociacións xuvenís.
Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable.
Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade
Requisiitos: estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
As actividades e bens para os que se solicite axuda deberán responder aos seguintes criterios:
- Para a realización do programa anual de actividades, estas deberán ter coherencia cos fins establecidos nos estatutos da entidade solicitante.
- Bens subvencionables na solicitude de adquisición de equipamento e material inventariable da sede social:
a) Poderase subvencionar a adquisición de equipamento e/ou material inventariable de uso necesario para o funcionamento interno da entidade e para o desenvolvemento das actividades habituais.
b) Cando o gasto subvencionable supere a contía de 12.000 €, a entidade deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores.
c) Para optar á adquisición de equipamento e/ou material inventariable é condición indispensable presentar declaración xurada de que a asociación ten local propio, sexa por arrendamento, cesión, doazón, compra, etc.
- Para a realización de proxectos de promoción xuvenil, estes deberán cumprir algunha das seguintes finalidades:
a) Promover a participación social da xuventude na súa comunidade, mediante actividades que potencien a educación para a participación e que fomenten valores cívicos e democráticos.
b) Fomentar a aprendizaxe intercultural, educación en valores, coeducación, igualdade, dereitos humanos, autoestima persoal e colectiva; tamén intercambios con asociacións xuvenís doutras comunidades autónomas ou países estranxeiros.
Subvencionaranse as actividades realizadas desde o 1 de xaneiro de 2009
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 18 de marzo de 2009.
Máis información no DOG do 17 de febreiro de 2009
http://www.xunta.es/diario-oficial
Redactado por Fernando Coello el
Viernes 20 de Febrero de 2009