Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

As Festas do Monte xa son “festa de interese turístico”

Viernes 20 de Febrero de 2009

O BNG felicita ao pobo da Guarda pola consecución das Festas do Monte como “festa de interese turístico”. Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior.

A Consellaría de Innovación e Turismo, dirixida polo nacionalista Fernando Blanco, por medio da Dirección Xeral de Turismo vén de aprobar a declaración das Festas do Monte como “festa de interese turístico”, feito de suma importancia para o pobo da Guarda.

Compre lembrar que sendo unha das festas máis senlleiras do país, esta declaración é unha porta aberta á promoción turística do noso concello e un atractivo máis para que a Guarda aumente as súas visitas na época estival. Así mesmo, a declaración das Festas do Monte como festa de interese turístico é unha posta en valor dunha parte da nosa cultura popular, así como todos os valores que ilo comporta.

Os nacionalistas consideran fundamental a defensa do noso patrimonio cultural en todas as súas manifestacións e a súa promoción cara o exterior.

O BNG quere felicitar ás comisións que ao longo da súa historia organizaron as Festas do Monte e ao conxunto da poboación que co seu bo facer que fixo posíbel que estas festas chegasen a ter a consideración de “festa de interese turístico”.

Redactado por Fernando Coello el Viernes 20 de Febrero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.