Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Senda Litoral e obras do "Plan Zapatero"

Viernes 27 de Febrero de 2009

O Boletín Oficial do Estado de hoxe, 27 de febreiro, publica a resolución do Ministerio de Medio Ambiente pola que se anuncia a licitación da Senda Litoral entre o porto da Guarda e a praia do Muíño, en Camposancos.

O orzamento da obra é de 4.062.410,68 euros e o prazo de execución de 12 meses.A data límite para a presentación de ofertas por parte das empresas que puideran estar interesadas remata o día 27 de marzo e a apertura de ofertas terá lugar o 29 de abril. Podemos pois afirmar que, en poucos meses, escomenzarán as obras.

Por outra banda, as obras do Fondo Estatal, tamén coñecido como Plan Zapatero, continuan coa súa tramitación. Todas elas están en fase de licitación polo que axiña empezarán a adxudicarse e executarse. As obras de dito Plan son as seguintes:

  • Remodelación da Alameda
  • Beirarrúas na Avenida de Buxán
  • Saneamento e pavimentación en pedra da rúa da Cal
  • Pavimentación en pedra do camiño do Couto (Camposancos)
  • Humanización da praza dos Seixiños (A Gándara)
  • Rede WIFI
  • Tellado club de remo Robaleira
  • Área Recreativa de Fedorento
Redactado por Fernando Coello el Viernes 27 de Febrero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.