Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Concerto de Aló Django o Día Internacional da Muller

Viernes 27 de Febrero de 2009

Aló DjangoO Día Internacional da Muller o grupo Aló Django (grupo de músicos que parten músicalmente do Jazz e do Swing acústico, especialmente do gipsy swing) vannos ofrecer un concerto divertido, elegante e desenfadado onde se bromea co público ao máis puro estilo cabaret.

O concerto terá lugar o día 7 DE MARZO ÁS 21:00 HORAS NO CENTRO CULTURAL DA GUARDA

Este grupo de músicos, partindo musicalmente do jazz e do swing acústico, especialmente do gypsy swing (cuxo máximo representante é Django Reinhardt), ofrece un concerto cun amplo abano de xéneros musicais traducidos todos ao estilo dos xitanos centroeuropeos mesturado co jazz: o gypsy swing, un estilo lírico, alegre e acústico apto para tocar tanto en sala como na rúa; un concerto para un público de todas as idades.

Ademais Aló Django pretende ser un obradoiro musical de músicos, cómicos, clowns e bailaríns para o cal en moitas ocasións invitamos a outros artistas destas disciplinas a participar con nós nos concertos para ofrecer un show completo e divertido máis alá do estritamente musical, enfiando así con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall.

Redactado por Fernando Coello el Viernes 27 de Febrero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.