Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Cineclub Poleiro retoma a actividade

Sábado 28 de Febrero de 2009

poleiro.gif¡Motor! ¡Acción! O Cineclub Poleiro roda de novo A Asociación Cultural Eliseo Alonso reinicia a actividade do Cineclub Poleiro o próximo xoves, 5 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio de Goián.

O Cineclub Poleiro suspendera as proxeccións a finais de 2005, ó pechar o cine Avenida da Guarda. Durante oito anos citou alí a unha chea de persoas da comarca interesadas no cine. Un punto de encontro cultural que agora se traslada a Goián, o centro xeográfico do Baixo Miño. Sen ningunha sala de cine na comarca, a Asociación Cultural Eliseo Alonso tomou contacto co novo Goberno Municipal de Tomiño para que dotara ó auditorio de Goián de equipo de proxección, son e pantalla, imprescindibles, non só para a nosa actividade. Coa aspiración cumprida inauguramos esta segunda etapa do Cineclub Poleiro. Tódolos primeiros xoves de mes, agás no verán, terán unha cita co cine de calidade en Goián.

PRIMEIRO CICLO ATA XUÑO A idade da ignorancia, unha comedia do canadense Denys Arcand é a primeira das catropelículas elixidas. O 2 de abril proxectaremos A banda nos visita unha comedia dramática dirixida por Eran Kolirin e co producida por Israel e Francia. O 7 de maio, Ao outro lado, un drama dirixido polo turco Fatih Akin. O ciclo remata o 4 de xuño con Un toque de canela unha comedia dramática do grego Tassos Boulmetis sobre a comida e a vida.

ACTIVIDADE CON APOIO INSTITUCIONAL Xa están á venta ós bonos de socio. A primeira película é gratis polo que as catro do ciclo custan 6 euros. Este prezo pode manterse porque a actividade está apoiada este ano pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño. Conta tamén co respaldo da Federación de Cineclubes de Galicia e da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Presidencia da Xunta de Galicia.

A PRIMEIRA CITA A primeira das películas, A idade da ignorancia remata coa triloxía de Denys Arcand que completan As Invasións Bárbaras e O declive do Imperio Americano. Nesta ocasión o director volve ós seus temas de sempre: a soidade e o amor, focalizados nunha historia que ten como protagonista a un gris funcionario desesperado que evita a realidade imaxinándose a si mesmo como un heroe de aventuras.

Podedes ampliar información con Ramón Álvarez. Teléfono: 629 735 337

Redactado por Fernando Coello el Sábado 28 de Febrero de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.