Na Guarda poderá haber aparcamentos soterrados
Viernes 13 de Marzo de 2009
Esta mañá levouse a Pleno a modificación puntual nº 3 do PXOM da Guarda pola que se crea unha nova ordenanza que posibilitará que poida haber aparcamentos soterrados debaixo de viais públicos e de espazos públicos. Ata agora non son posibles porque a nosa normativa non o contempla.
Todos os cidadáns guardeses coincidimos en que un dos máis importantes problemas que ten o casco da Guarda é a dificultade para aparcar debido ós poucos espazos que temos, en superficie, para facelo.
Coa modificación, que hoxe se aprobou inicialmente, pretendemos que poida haber aparcamentos soterrados. Á hora da votación, a nosa sorpresa foi maiúscula xa que os grupos da oposición non apoiaron a iniciativa, que foi aprobada cos nove votos do goberno. Os grupos municipais do PP e do BNG abstivéronse e Terra Galega votou en contra.
Redactado por Redacción el
Viernes 13 de Marzo de 2009