Revisión do Catrastro de rústica
Jueves 26 de Marzo de 2009
Estase a realizar a atención ó publico na exposición municipal definitiva da renovación catastral de fincas rústicas do concello de A Guarda nas dependencias da casa de oficios de A Guarda ( Rua Diego Antonio González – Frente a Eroski ), dende o 16 de marzo ata o 3 de abril.
Dita exposición veu precedida dun traballo de campo onde se recolleu información diversa sobre titularidade, paraxes, infraestructuras, deslindes costeiros, de montes, cultivos, intensidades, etc.
Os interesados poderán comprobar os datos das súas propiedades rústicas obtendo gratuitamente unha cédula coa relación das que figuran no catastro o seu nome, e tamén comprobar nos planos e ortofotografías a representación gráfica das mesmas.
Dende o concello enténdese fundamental a participación dos interesados pois é o momento de achegarse ó catastro de A Guarda e ter a oportunidade de facer comprobacións, aportar documentos e presentar alegacións.
Unha vez rematada a exposición e resoltas as alegacións, o traballo de renovación catastral aprobarase e xurtirá os seus efectos administrativos e fiscais correspondentes.
Para facer calquer tipo de reclamación é necesario presentar o D.N.I ou fotocopia, e tamén fotocopia da documentación das fincas que acredite os cambios que poidan solicitarse ( compra-venta, erdanza, partixas, permuta, planos, medicións, etc ).
Redactado por Satoko el
Jueves 26 de Marzo de 2009