La banda nos visita no Cineclub Poleiro
Lunes 30 de Marzo de 2009
A Asociación Cultural Eliseo Alonso proxecta o próximo xoves 2 de abril ás 21:30 horas no auditorio de Goián a película La banda nos visita dirixida polo israelí Eran Kolirin.
O reinicio da actividade do cineclub Poleiro foi moi ben acollido. A cifra de 130 socios da unha idea do interés que o cine de calidade desperta no Baixo Miño, unha comarca onde pecharon todolas salas de cine.
Os bonos de socio poden mercarse na entrada do auditorio.
La banda nos visita é unha comedia dramática que conta as desventuras dun grupo de músicos, unha orquestra de policías exipcios, que por un malentendido acaban desorientados nunha cidade israelí no medio do deserto. A rutina diaria dos habitantes do lugar quedará trastocada.
O conflicto de Oriente Medio visto dende as relacións humanas. As diferenzas políticas son superadas pola obrigada convivencia.. Unha delicada historia para que o espectador disfrute de vivencias persoais ben contadas, diálogos intelixentes e gags surrealistas. É a ópera prima do realizador pero recibiu premios en todolos festivais nos que se presentou, Cannes, Montreal, Valladolid, Tokio, Los Ángeles…
Eran Kolirin explica : “fixéronse moitas películas referíndose á cuestión de porque non hai paz pero son poucas as que se fixeron falándonos de porqué precisamos a paz por riba de todo.”
O cineclub Poleiro sigue coa súa programación os primeiros xoves de cada mes ás 21:30 horas no auditorio de Goián co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cinclubes de Gaicia. O 7 de maio presenta Al otro lado, de Fatih Akin e o 4 de xuño, Un toque de canela deTassos Boulmetis.
Somos 130 socios e queremos ser máis. Ofrecemos cine de calidade que moitas veces non chega ás salas de Vigo e un espazo para o encontro social, que nunca está de máis.
Levamos anos escoitando que o cine morre pero sempre haberá persoas que prefiran a pantalla grande e a emoción compartida.
Para máis información: Ramón Álvarez 629735337
Redactado por Satoko el
Lunes 30 de Marzo de 2009