A Xunta de Galicia declara a Festa do Monte como "Festa de Interese Turístico"
Miércoles 8 de Abril de 2009
O Consello da Xunta declarou hoxe, despois do informe favorable sobre ela da Consellería de Innovación e Industria, a Festa do Monte como Festa de Interese Turístico.
A Festa do Monte, que reúne tódolos requisitos que marca o Decreto 39/2001 para merecer tal distinción, celébrase desde o ano 1913 na segunda semana de agosto, co cal excede ampliamente o número de dez edicións esixidas polo decreto.
A Festa xurdiu pola iniciativa dun grupo de guardeses (moitos emigrantes retornados), que constituiron unha sociedade (a Pro-Monte) destinada ao coidado dun monte tan emblemático como o Trega. O seu arraigamento maniféstase nunha notable participación de veciños e visitantes. Entre as actividades lúdico-festivas destacan os pasacalles, obradoiros e espectáculos para nenos, concertos, encontro das bandas mariñeiras, festival rock, gran desfile folclórico, romaría, etc.
Dende a Concellería de Turismo, impulsora da iniciativa xunto coa Asociación Pedra Furada, actual organizadora da Festa do Monte, queremos deixar constancia da satisfacción pola distinción , polo que supón de impulso para a Festa e para o pobo da Guarda.
Redactado por Redacción el
Miércoles 8 de Abril de 2009