30 aniversario dos Concellos Democráticos

Miércoles 15 de Abril de 2009

O vindeiro domingo 19 de abril, ás 12,30 horas, no Centro Cultural, vaise celebrar, como acordara a Xunta de Portavoces, un acto cívico conmemorando o 30 aniversario dos Concellos Democráticos e no que se honrará ás 72 persoas que formaron parte das 8 corporacións que houbo dende o 1979.

O pasado día 3, como xa é coñecido, celebrouse un acto máis restrinxido coa presenza dos 13 guardeses que conformaron a corporación do 79. Agora trátase dun acto ó que están invitados os 72 representantes públicos ou as familias daqueles que xa faleceron. A pretensión é darlle o recoñecemento que se merecen a unhas persoas que, con erros e acertos, fixeron todo o que estivo nas súas mans por mellorar a calidade de vida dos seus veciños.

Ó longo do acto, e entre outras cousas, tomará a palabra o Alcalde e unha persoa que noutrora formou parte da corporación e que falará en nome dos homenaxeados.

Quero recordar ademais que se trata dun acto público e aberto a toda a cidadanía, polo que aproveito para invitar ó mesmo a todas aquelas persoas que teñen interese en asistir.

Redactado por Redacción el Miércoles 15 de Abril de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.