Apertura do prazo para solitar os campos de traballo 2009 na OMIX do Rosal
Jueves 16 de Abril de 2009
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, oferta prazas en campos de traballo con distintas actividades, que se desenvolverán en Galicia, noutras comunidades autónomas e en distintos países ao longo do verán de 2009.
Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos: culturais e etnográficos (participación na rganización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos…), ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais…), de construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público), sociais (traballo con nenos, anciáns ou persoas con discapacidade), arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos ou monumentos), levados a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc
INSCRICIÓN E RESERVA DE PRAZA
O prazo para a reserva das prazas iniciarase o día 23 de abril . As inscricións
faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, ben presentándose
nela ou ben chamando aos teléfonos 981 544 838, 881 999 314. Tamén se
poderán facer nos servizos de xuventude e oficinas locais das delegacións provinciais
da Igualdade e do Benestar, persoalmente ou por teléfono
As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres
existan vacantes, ata o 14 de maio (inclusive).
As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse
solicitar, mentres existan vacantes, ata o 20 de maio (inclusive).
As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes,
poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.
As prazas nos campos de traballo en Portugal, mentres existan vacantes,
poderanse solicitar ata un mes antes do inicio da actividade.
Durante os dez primeiros días de cada prazo, o voluntario ou voluntaria
só se poderá inscribir nun campo de traballo, tamén só poderá figurar
nunha lista de espera, no caso de que non obtivese praza no campo que
lle interesa. En cada chamada telefónica poderá reservar dúas prazas.
2ª CONVOCATORIA:
De calquera xeito, e con posterioridade a estas datas, o programa de servizo
voluntario en campos de traballo contempla a convocatoria dunha nova oferta
xeneralizada de prazas (2ª convocatoria), na que se incluirían todas aquelas
prazas que estean vacantes nos campos de traballo de todas as comunidades
autónomas e do estranxeiro (os campos con prazas libres poderán ser
os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos).
O prazo para solicitar as prazas para os campos de traballo no estranxeiro
comezará a partir do 20 de maio e rematará o 25 de maio.
O prazo para solicitar as prazas para os campos de traballo noutras comunidades
autónoma comezará o 25 de maio.
O procedemento de inscrición será o mesmo que para a 1ª convocatoria.
COTA
A participación nestas actividades ten un custo para os participantes de SETENTA
E DOUS euros (72,00 €), esta cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento
e mais os derivados das propias actividades dos campos (como materiais
e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico.
A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario/a.
Nos campos de traballo de Galicia e nos campos de traballo de Portugal os voluntarios
e voluntatias que pertenzan a familias numerosas terán un desconto
do 50% da cota, e os que posúan o carné xove ou carné máis dun 25%, que
en ningún caso serán acumulables.
Máis información na OMIX do teu concello
Redactado por Redacción el
Jueves 16 de Abril de 2009