Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Roubo no Mercado Solidario: A outra "solidariedade"

Lunes 3 de Agosto de 2009

Roubo na Carpa SolidariaCon sorpresa, incredulidade, impotencia e outras sensacións confusas, achegabamonos onte pola mañán ata o Porto da Guarda para comprobar os feitos, diante da chamada dun veciño, que nos alertaba da entrada de “estranos” na carpa do Mercado Solidario

A sospeita confirmouse, e unha vez máis (fai unhas semanas aconteceu o mesmo en Redondela) temos que dar conta do roubo (con “nocturnidade e alevosía”) de materiais e productos elaborados por persoas con discapacidade de 6 asociacións da nosa zona.

Resulta difícil crer que a persoa ou persoas que levaron os materiais, valorado en máis de 600 €, non tivera en conta o importante que resulta este material para a subsistencia das nosas entidades, e sobre todo o esforzo extra co que foi elaborado, superando atrancos e barreiras … os que hai que sumar agora a sua “colaboración”.

A rabia é ainda maior , para as Asociacións da Guarda, xa que levamos moitos anos concienciando ó noso entorno da ineludible necesidade da integración na sociedade das persoas con discapacidade; e pensabamos que algo así non podería acontecer no noso pobo. Preferimos seguir sendo inxenuos e continuar na mesma liña de actuación. Non resolveremos o problema con máis vixilancia ou medidas de seguridade, senon probablemente se seguimos actuando na escola, con actividades de voluntariado, concienciación e integración , ó mellor incluindo unha nova asignatura que se podería chamar “Educación para a solidariedade”.

A carpa do Mercado Solidario, permanecerá aberta ó público tal e como estaba previsto ata o venres 7 de agosto no porto da Guarda , en horario de 5 da tarde a 9 da noite.

A Guarda, 1 de agosto de 2009

Asociacións:

  • Avelaiña (enfermedade mental – A Guarda)
  • Vontade (discapacidade física – Tui)
  • San Xerome (discapacidade intelectual – A Guarda)
  • Alento (dano cerebral – Vigo)
  • Aceesca (discapacidade intelectual – Porriño)
  • Cogami (discapacidade física – Mos)
Redactado por Redacción el Lunes 3 de Agosto de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.