Nova tempada do cineclube Poleiro

Lunes 5 de Octubre de 2009

A Asociación Cultural Eliseo Alonso pon en marcha a décima tempada de cine que comeza o 8 de outubro no Auditorio de Goián ás 21:30 horas.

Están á venda os bonos de socio do cineclub Poleiro do ciclo cinematográfico outono-inverno que se proxectará no auditorio de Goián. Cinco películas que nos deixarán reflexións sobre temas universais como a educación, a inmigración, os abusos ou o amor.

  • O xoves 8 de outubro proxectaráse a primeira das películas elexidas, a cinta francesa La Clase, (Entre les murs) a quinta longametraxe do director Laurent Cantet. Un traballo premiado coa Palma de ouro en Cannes 2008.

  • O primeiro xoves de novembro, o día 5 está programada The Visitor, o segundo traballo do americano Tom McCarthy, director tamén de Station Agent.

  • O xoves 3 de decembro , La Teta Asustada, unha cinta dirixida pola peruana Claudia LLosa e rodada nos barrios máis pobres de Lima. Oso de Ouro á mellor pelicula no Festival de Berlín e premio Internacional da crítica FIPRESCA.

  • O xoves 14 de xaneiro de 2010, La Escafandra y la mariposa, dirixida polo artista polifacético Julián Schnabel. Ganadora de dous Globos de Ouro á Mellor película estranxeira e Mellor Director e catro candidaturas ós Oscar.

  • O xoves 4 de febreiro, unha traxicomedia romántica co producida por varios países europeos, Irina Palm dirixida por Sam Garbarski.

-Os pases, no auditorio de Goián ás 21:30 horas. -O bono para as cinco películas custa 10 euros -O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cinclubes de Gaicia.

O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008 retomou aos ciclos no Auditorio de Goián, dotado polo Concello de Tomiño cun equipo de proxección, son e pantalla.

Para máis información: Ramón Álvarez 629735337

Redactado por Redacción el Lunes 5 de Octubre de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.