O Concello da Guarda anima a acudir ao Certame de Bandas de música

Lunes 5 de Octubre de 2009

Clic para ampliarO Concello da Guarda poñerá un autobús a disposición da Agrupación Musical da Guarda con motivo da súa participación, o día 2 de outubro, no IX Certame Provincial de Bandas de Música que se celebrará o próximo fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O pasado día 20 de setembro celebrouse no colexio dos PP Somascos un concerto de preparación para o certame de Bandas de Música, responsables da banda aproveitaron a ocasión para pedir aos asistentes que acudiran a Pontevedra o día 2 de outubro a animar aos nosos músicos. Isto moveu aos representantes municipais a decidirse a costear un autobús, facéndose eco da solicitude da banda aos pais e simpatizantes da Agrupación para que acudan ao certame.

Animamos dende aquí a todos aqueles que queiran asistir ao certame de bandas a que se poñan en contacto ca Agrupación Musical da Guarda para seren informados.

Confiamos que a nosa novel Banda o faga todo o ben que sabe e que despois de tantas horas de ensaio e tantos sacrificios dos seus músicos teña o seu merecido recoñecemento neste certame.

A Agrupación Musical da Guarda participará na categoría correspondente a sección terceira que corresponde a bandas ata 45 músicos.

Redactado por Redacción el Lunes 5 de Octubre de 2009
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.