O Centro de Dinamización da Guarda remata o mes de setembro con 15 usuarios/as máis
Miércoles 30 de Septiembre de 2009
No mes que rematou a aula aberta foi utilizada en case 230 ocasións
A Guarda, a 30 de setembro de 2009. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en setembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que remata impartiu un total de 2 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 13 persoas e que se estenderon ao longo de 11 horas.
Asemade, 15 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 228 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello da Guarda en xaneiro de 2007, foron xa 558 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 79 obradoiros nos que se formou a 506 participantes.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización da Guarda, sito na rúa Rosalía de Castro, s/n, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rubencarlos.aguarda@dinamiza.fundacioncalidade.org.
Contacto:
Rubén Carlos Hermida Garazo
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información: www.redededinamizacion.eu.
Redactado por Redacción el
Miércoles 30 de Septiembre de 2009