Candidatura do Forte de Valença a Patrimonio da Humanidade
Lunes 5 de Octubre de 2009
O Concello portugués de Valença aprobou o establecimento dun protocolo coa Faculdade de Letras da Universidade do Porto con vista á preparación do Dosier de Candidatura do Forte a Patrimonio de Interese Cultural da Humanidade da UNESCO, no ámbito da candidatura das Fortificacións Abaluartadas de Fronteira.
O estudo monográfico, sobre a evolución dos sistemas fortificados de Valença do Minho, das suas orixe á actualidade, será coordinado polo Profesor Mário Jorge Barroca, profesor asociado do Departamento de Ciências e Técnicas do Património da F.L.U.P.
Para o alcalde de Valença, José Luís Serra “a preparación deste proceso de candidatura implica a creación dun equipo técnico qualificado, con experiencia en casos semellantes e con capacidade para demostrar a calidade dos bens a clasificar”.
A prsentación da Dosier da Candidatura de Valença está programada para o final de 2010. Durante este mes, na “Cimeira Ibérica”, na cidade de Elvas, será presentada públicamente a candidatura transfronteiriza.
Aparte de Valença a candidatura contará, entre outras, coas fortificacións abaluartadas de Almeida, Marvão, Estremoz e Elvas.
Nota: Para máis Información, falar co alcalde de Valença, José Luís Serra, tlf. 251 809 506 / 24
Redactado por Redacción el
Lunes 5 de Octubre de 2009