Resumo do turismo este verán
Jueves 17 de Septiembre de 2009
Nos meses de xullo e agosto accederon ao Monte Santa Trega máis de 100.000 persoas o que supón un incremento de máis de 2.000 persoas respecto do mesmo periodo do ano anterior. Seguramente as actuacións que se veñen acometendo no entorno do Monte como a remodelación do museo (MASAT), os sendeiros , o teitado novo nunha caseta castrexa, etc.. fan que máis xente teña interese en coñecer o patrimonio do Monte Sta Trega.
O concello da Guarda habilitou tres oficinas de turismo, que rexistraron 4.945 consultas nos meses de xullo e agosto, o número de consultas realizadas na oficina de turismo situada no Monte é similar as que se atenderon no Porto da Guarda, e a tipoloxía das preguntas é tamén moi similar; ainda que, nas oficinas situadas no casco urbano o turista busca unha información máis detallada e completa.
A porcentaxe de ocupación hotelera no 2009 foi moi similar a do 2008, incrementándose a pesares da crise nun 3,8%, e tendo o punto máis alto de ocupación na semana da Festa do Monte onde a ocupación rondou o 84,4%. Podemos concluir que hobuo máis visittantes pero con estancias máis curtas.
Redactado por Satoko el
Jueves 17 de Septiembre de 2009