A película A escafandra e a mariposa, do director Julian Schnabel obtivo dous Globos de ouro e catro nominacións aos Oscar . É a historia dun redactor da revista Elle que aos 43 anos sofre unha embolia cerebral. Logo de 20 días en coma esperta cunhas graves secuelas, paralizado. Non pode moverse nen falar, nen respirar sen axuda. Grazas ao hospital consegue aprender un novo idioma utilizando o seu ollo esquerdo. Escribirá así o libro da súa vida no que se basea o filme.
A escafandra e a mariposa proxectarase o xoves 14 de xaneiro, no auditorio de Goián ás 21:30.
O ciclo outono inverno do cineclub Poleiro complétase o xoves 4 de febreiro, unha traxicomedia romántica co producida por varios países europeos, Irina Palm dirixida por Sam Garbarski.
O bono para as cinco películas custa 10 euros O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Gaicia.
Redactado por Fernando Coello el Jueves 14 de Enero de 2010