Reunión coa Concelleira de Comercio do Concello da Guarda e a Asociación Ábaco

Viernes 19 de Febrero de 2010

A pasada semana tivo lugar no Concello de A Guarda unha reunión entre a Concelleira de Comercio do Concello de A Guarda, Dna. Montserrat Magallanes e Presidente, Directivos e Técnico da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’.

O motivo desta reunión era contrastar as actividades que se teñen previsto realizar ao longo deste ano para a incentivación e dinamización do comercio guardés que por parte desta Asociación e o Concello teñen pensado levar a cabo.

Entre outros temas, puidose falar das obras da senda litoral, no tocante ao aparcamento que afecta principalmente ao comercio, e do Ferri que tamén afecta de primeira mán o comercio local.

Redactado por Fernando Coello el Viernes 19 de Febrero de 2010