Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

My Blueberry Nights o xoves, 4 no Cineclub Poleiro

Martes 2 de Marzo de 2010

O xoves 4 de marzo comeza un novo ciclo do Cineblub Poleiro coa película My Blueberry Nights, dirixida por Wong Kar-Wai. Un drama romántico interpretado por Norah Jones, Jude Law, Natalie Portman e Rachel Weisz. Conta a historia dunha muller que logo dunha ruptura sentimental decidie viaxar polos Estados Unidos en busca do amor verdadeiro. No camiño atopa personaxes con outras historias de amor, tan tristes ou máis ca súa. De cómo amolamos cando amamos. Destaca a banda sonora.

As seguintes películas do ciclo serán:

Xoves, 8 de abril , Il Divo, de Paolo Sorrentino. Un duro retrato do líder da Democracia Cristiana italiana Giulio Andreotti e da política dese país. Cine político que debuxa unha personaxe e mesmo un país onde a verdade e a mentira mestúranse como os lobos se disfrazan de cordeiros.

Xoves, 6 de maio, Tropa de Élite , un triller do director brasileiro José Padilha. Oso de Ouro á mellor película no Festival de Berlín, 2008 . Río de Janeiro, 1997. A Nascimento (Wagner Moura), capitán do BOPE (Batallón de Operacions Especiais da Policía), a tropa de élite da Policía de Río, se lle asigna o mando dun dos grupos que teñen a misión de “pacificar” as favelas do cerro (morro) de Turano debido á visita de Juan Pablo II, que se vai instalar nunha zona cercana.

Remata o ciclo o xoves 3 de xuño con A voda de Tua do director chinés Wan Quan’an. Un drama rural ambientado en Mongolia que foi premiado co Oso de Ouro no festival de Berlín 2007

Os pases, os primeiros xoves de mes, salvo exepcións, por festivos, no auditorio de Goián ás 21:30 horas. O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Gaicia.

O cineclub Poleiro mantivo a actividade no cine Avenida da Guarda entre 1998 e 2005 ata que pechou a última sala de cine do Baixo Miño. No 2008 retomou os ciclos no Auditorio de Goián, dotado polo Concello de Tomiño cun equipo de proxección, son e pantalla.

Para máis información : Ramón Álvarez 629 735 337

Redactado por Fernando Coello el Martes 2 de Marzo de 2010