Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Il Divo no Cineclub Poleiro o xoves 8 de abril

Martes 6 de Abril de 2010

cartel_il_divo_0th.jpgUn duro retrato do líder da democracia cristiana Giulio Andreotti. O xoves, 8 de abril , ás 21:30 horas no auditorio de Goián o cineclub Poleiro ofrece a segunda película do ciclo de primavera. Destavolta cine italiano Il Divo, dirixida por Paolo Sorrentino.

A película é un repaso autobiográfico, en clave satírica, da última etapa de mandato do exprimeiro ministro italiano, Giulio Andreotti, lider da Democracia Cristiana italiana durante corenta anos. Un retrato dunha das figuras máis controvertidas da política italiana, xefe de Governo en sete ocasions. Cine político que se centra nas teses que incriminan ao político coa Loxia masónica e a mafia que terían servido para eliminar atrancos na súa carreira política. Por estes delictos foi procesado nos anos 90 e absolto por falta de probas. Un cine que debuxa unha personaxe, un partido e un país onde se mesturan a verdade e a mentira e os mafiosos queren pasar por años e os políticos semellan lobos encubertos.

O QUE QUEDA DO CICLO

Xoves, 6 de maio, Tropa de Élite , un triller do director brasileiro José Padilha. Oso de Ouro á mellor película no Festival de Berlín, 2008

Remata o ciclo o xoves 3 de xuño con A voda de Tua do director chinés Wan Quan’an. Un drama rural ambientado en Mongolia que foi premiado co Oso de Ouro no festival de Berlín 2007

Os pases, os primeiros xoves de mes, salvo excepcións, por festivos, no auditorio de Goián ás 21:30 horas. O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e a Federación de Cineclubes de Gaicia.

Redactado por Fernando Coello el Martes 6 de Abril de 2010