Miguel Amenedo autor do cartel gañador do concurso da Feira do Viño do Rosal
Miércoles 21 de Abril de 2010
Este ano o gañador do cartel anunciador da “XVIII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL” foi o Guardés Miguel Rodríguez Amenedo.
A XVIII Feira do Viño do Rosal celebrarase os días 16, 17 e 18 de xullo na Praza do Calvario. Nela estarán representadas a maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.
Nestes últimos anos este evento recibe a visita de máis de 30.000 persoas para disfrutar dos viños, dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completarán a oferta lúdica neses días.
Dende aquí a nosa noraboa a Miguel.
Redactado por Fernando Coello el
Miércoles 21 de Abril de 2010