8 ATLETAS DO CLUBE SAN XEROME NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO

Sábado 29 de Mayo de 2010

O clube de atletismo do centro san Xerome acude os vindeiros 27 e 28 a Pontevedra para competir no Estadio da Xuventude nos campionatos de España, onde participan 53 clubes de todo o estado e 307 atletas.

A representación do clube está composta por Luis Antonio Sández (Tui), Borja Cadilla (A Guarda), Javier Portela (O Rosal), Domingo Albadalejo (Tui) e María F. García ( O Rosal), Amparo Ferreira (A Guarda), Maite Santos (Tomiño) e Francisco Martínez (O Rosal). Acompañan ós deportistas os adestradores David Parada e Roberto Martínez para completar unha tempada chea de éxitos grazas ó seu traballo e ó do resto dos adestradores: Jose Morais, Mario Lomba, Amalio Verd, Heriberto Martínez e José Antonio Vázquez (Pepi). A competición desenvolvérase en xornadas de mañán e tarde,e a tempada rematará no mes de Xuño coa celebración do Campionato de seleccións autonómicas en San Fernando (Cádiz).

Redactado por Ioshu el Sábado 29 de Mayo de 2010